Converter as bibliotecas públicas en punto de referencia e acceso á información é o obxectivo dun convenio entre a Xunta e Redes.es

Bibliotecas: punto clave

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Completar a dotación de servizo de Internet e ordenadores en trescentas trece bibliotecas públicas é o obxectivo dun convenio que a Xunta asinará coa entidade pública empresarial Redes.es . Na reunión do Consello da Xunta de onte autorizouse a sinatura deste documento por parte da Consellaría de Cultura que supón un investimento de algo máis de dous millóns e medio de euros, dos que a Xunta achega o corenta por cento. O obxectivo é face das bibliotecas o primeiro punto de referencia cultural e de acceso á información dos cidadáns, coa posibilidade engadida de xerar un catálogo bibliográfico colectivo dos fondos da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Internet, La Opinión

Claves

Entidades