Xunta e Goberno central asinan un convenio para mellorar as bibliotecas galegas

Destinarán máis dun millón de euros para equipamento e fomento da lectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Despois de asinar un convenio co Ministerio para a mellora das bibliotecas escolares, o consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun novo documento para as bibliotecas xerais. Neste caso trátase de fomentar as bibliotecas do Estado en Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e santiago de Compostela) grazas a un convenio por un importe total de un millóns douscentos mil euros. Segundo figura na nota de prensa remitida pola Xunta, a partida permitirá “establecer unha liña de axudas que permita afrontar debidamente o desafío que no contorno da lectura pública supón as novas necesidades de estruturación e equipamento”. Ademais, o presidente Alberto Núñez Feijoo, explicou que este convenio contribuirá ao fomento da lectura.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Goberno Central, Ourense, Santiago de Compostela...