A Xunta e Fomento revitalizan o camiño Francés con 2 millóns de euros

Afectará a espazos públicos de 11 concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Revitalizar o trazado do Camiño Francés e facilitar a peregrinaxe a través desa vía son os obxectivos da sinatura de convenio que acaba de aprobar o Consello da Xunta. A Aministración de Alberto Núñez Feijoo asinará un convenio co Ministerio de Fomento que dirixe José Blanco, polo que destinarán dous millóns de euros a desenvolver actuacións en espazos públicos (prazas, fontes, lavadoiros… espazos de intercambio) entre as provincias de A Coruña e Lugo. Son actuacións que afectarán a once concellos e que se financiarán con cargo ao 1% cultural.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Ministerio de Fomento, Lugo, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares