O Prestige segue a dar voltas por Galicia. Non só porque este luns se iniciou no Parlamento de Galicia a Comisión do Prestige, senón porque alà se fixeron declaracións que veñen enturbar a situación polÃtica e social. O pasado luns o conselleiro de Medio Ambiente afirmou que se o Goberno central non paga o tratamento dos residuos do petroleiro, ese custe asumirao a Xunta. Unha afirmación pola que o voceiro do BNG, Anxo QuÃntana, pediu a dimisión do conselleiro. En relación con este tema, os xornais do grupo Prensa Ibérica fanse eco de que a empresa que se encargou da extracción de fuel perdeu dúas lanzadeiras durante o baleirado que continúan no fondo do mar; mentres que Adega denuncia a estratexia de “engano e ocultación” da Xunta na comisión.
Máis información en La Opinión