Cinco bolsas recollerán as 13.000 toneladas de fuel que contén o Prestige

Odin e Polar Prince

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
En maio comezará a extracción das 13.000 toneladas de fuel que aínda contén o Prestige. Dous navíos (o Polar Prince e o Odin) serán os encargados de bombear o hidrocarburo até cinco lanzadeiras que se están a construír nuns astilleiros de Marín, segundo publica hoxe La Voz de Galicia. Os 100 millóns de euros que custa a operación serán asumidos por Repsol Ypf, empresa que presentou en decembro un calendario de actuacións na Eurocámara. Pola súa banda, Manuel Chan, subdirector de Salvamento e Loita contra a Contaminación da Xunta cualificou de “inevitable” que poida seguir entrando fuel procedente do Prestige nas costas galegas.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre as declaracións de Manuel Chan no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, La Voz de Galicia, Marín

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares