A RAG prepara unha edición de peto do Quixote en galego mentres reclaman o Día das Letras para Rubén García Álvarez

Quixote con xe, e outras letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O cuarto centenario do Quixote chega tamén a Galicia. Para conmemorar esta data a Real Academia Galega traballa para publicar unha edición de peto coa versión galega que da obra coordinou Valentín Arias hai xa quince anos. Ata o de agora a obra de Cervantes só está dispoñible en edicións de luxo. Mentres, en Ribadavia unha homenaxe a Rubén García Álvarez nos seus vinte e cinco anos serviu para o alcalde desta localidade reclamase que o Día das Letras recoñeza o traballo do seu paisano. García Álvarez, segundo lembrou no acto o académico Xesús Alonso Montero, destacou pola súa dedicación ao estudo da historia, sendo a súa obra mais coñecida “Galicia é os galegos na Alta Idade Media”.

Máis información sobre a edición do Quíxote en El Correo Gallego; sobre a homenaxe a Rubén García en La Región; La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Quixote, Xesús Alonso Montero, Alta Idade Media, La Región...