Ultímase a edición de peto do Quixote en Galego mentres comeza o Abril dos Libros en Pontevedra

Quixote en abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A edición do peto do Quixote que lanza a Consellaría de Cultura porase a venda o vindeiro vinte e tres de abril, Día Internacional do Libro, polo prezo de nove euros. Esta é a primeira edición masiva da obra de Cervantes que se fai no noso idioma, xa que as dúas existentes ata o de agora foron tiraxes exclusivas para bibliófilos. Tamén coa intención de celebrar o esta data, en Pontevedra están en marcha os actos da quinta edición do Abril do Libros. Rutas literarias, presentacións, exposicións espectáculos teatrais e outras propostas compoñen un programa que abría esta fin de semana a escritora Fina Casalderrey.

Máis información sobre a edición do Quixote en Galicia Hoxe; o Abril dos Libros en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Quixote, Pontevedra, Fina Casalderrey, Exposicións...