A compostelá rúa do Vilar convértese nunha festa da literatura para celebrar a entrega do premio de novela europea do Casino

Literatura na rúa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Durante catro días a rúa do Vilar acollerá diferentes actividades de animación e postos de libros co gallo da entrega, o luns 15, do galardón da segunda edición do certame á escritora italiana Simonetta Agnello. A obra gañadora, “A Mennulara”, tamén será obxecto de presentación na súa edición traducida pola editorial Galaxia, froito do convenio polo cal as obras gañadoras serán todas traducidas ao galego. Obradoiros de animación á lectura, lecturas públicas da obra, pasarrúas e representacións teatrais na rúa de pasaxes do libro será algunhas das actividades coas que preténdese dar a coñecer o premio e novela gañadora e fomentar a lectura en xeral entre os composteláns.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Rúa do Vilar, Animación, El Correo Gallego...