A Concellaría de Cultura de Santiago traducirá as novelas que gañen o Premio de Novela Europea do Casino

Casino literario

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cando xa está en marcha a terceira edición deste premio a novelas de autores europeos xa editadas, a Concellería de Cultura de Santiago fixo público o compromiso de traducir ao galego as novelas gañadoras. Este compromiso inclúe a súa publicación mercé a un acordo coa Editorial Galaxia e tamén chega ata a última gañadora da pasada edición “La mennulara”, de Simoneta Agnello cuxa tradución presentarase no día de entrega do premio. Un xurado xunta os seus votos cos dos cidadáns para elixir un libro entre varios finalistas propostos por unha comisión. O premio ten como obxectivo a animación á lectura e conta co apoio de institucións públicas e empresas privadas.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Animación, El Correo Gallego, Editorial Galaxia