Os tres libros premiados nesta edición dos premios Xerais xa poden lerse na rede

Lectura adiantada

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Edicións Xerais de Galicia xa ten na rede mostras dos tres libros merecentes dos premios Xerais, Merín e Caixa Galicia desta edición. De acordó coa súa estratexia de uso avanzado da rede a editorial pon a disposición dos lectores páxinas das obras aos poucos días da entrega dos galardóns e con meses de antelación respecto a edición en papel. Concretamente poden baixarse en pdf cinco páxinas do capítulo 48 do orixinal d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXVº Premio Xerais de Novela; un capítulo do orixinal de Xenaro e o misterio da mochilota verde, a novela de Mar Guerra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil, e o capítulo 9, que leva por título “Mordendo as uñas”, d’ A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, novela gañadora do III Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Manuel Lourenzo González, Manuel Lourenzo, Manuel Lourenzo González...