Alén de seren difusores de innovacións tecnolóxicas para o agro e de manter boa parte do saber popular coma refráns, contos e cantigas, os tradicionais calendarios agrÃcolas tiveron e teñen aÃnda unha vertente comercial. Quitado o "Gaiteiro de Lugo", rescatado pola Deputación Provincial do esquecemento, os outros dous calendarios que aÃnda se publican no paÃs, o "Mintireiro verdadeiro" e o "Almanaque AgrÃcola ZZ" teñen detrás cadansúa empresa, procedentes, iso si, dos extremos da escala económica. Desde a pequena imprenta local que botou a andar o Mintireiro, ata a multinacional quÃmica que sostén actualmente o ZZ.
Foi "aló polo ano 1960", lembra o sacerdote José RegadÃo aos seus oita e cinco anos, cando naceu o "Mintireiro Verdadeiro". Este singular personaxe, introdutor da imprenta en Palas de Rei, é o responsable que desde aquela, este calendario, "chusqueiro, escotolido, galego-castelán, profético, enxebre, noticioso, artimañeiro e tamén barato" chegue ano tras ano tras ano ás mans dos labregos do paÃs. Seguindo un modelo semellante ao do celebérrimo "O Gaiteiro de Lugo", RegadÃo elaboraba a práctica totalidade do calendario. "Puña os prognósticos do tempo, refráns, adiviñas e cousas asà que instruÃan ao labrador, habÃa que falar moito daquelas dos tractores e do conveniente que era telos, e dos momentos para as colleitas", explica. Ademais, o habitual santoral, feiras, refráns, previsións meteorolóxicas, santoral, análises de nomes galegos e mesmo prognósticos coma o número de tormentas para o ano (quince millóns para este 2005, onda sete millóns de terremotos e trescentos sesenta e cinco dÃas, auroras e ocasos).
A necesidade do Mintireiro
A posta en marcha deste proxecto debeuse, fundamentalmente, "a unha necesidade económica, éramos dez irmáns e mais a miña nai", explica RegadÃo. Do "Mintireiro Verdadeiro" chegaron a vender entre doce e quince mil exemplares por todo o paÃs, nuns tempos nos que "O Gaiteiro de Lugo" desaparecera do mercado. "Agora cada vez véndese menos e vai haber que deixalo. Fanse de tres mil a catro mil mais a metade non se vende", recoñece o editor. Nestes máis de corenta anos, mantÃvose o deseño, o contido e o estilo deste calendario. "O mentireiro séguese facendo igual que antes", e pódese adquirir aÃnda por diferentes kioskos e librarÃas. Nalgúns dos primeiros números, RegadÃo contou cunha colaboración de excepción, Avelino Pousa Antelo escribiu para o Mintireiro "unha crónica alá cando comezaban, medio en broma". Este destacado investigador da nosa cultura participou tamén ocasionalmente no outro grande calendario agrÃcola da segunda metade do século XX, o ZZ.
Dos sulfatos á cultura
O "Almanaque AgrÃcola ZZ" nacÃa en 1952 en Porriño por iniciativa da empresa Zelta Agraria. Na actualidade continúa repartÃndose por todo o paÃs desde Syngenta, a multinacional na que deu aquela empresa de quÃmica para o agro. César Fernández, o actual responsable da publicación explica como foi esa xénsese. "A alguén se lle ocorreu a idea de alguén nesta empresa editar un folleto no que, alén das lúas e das datas propias para os labores da terra se incluÃsen coñecementos agronómicos. E como esa información podÃa ser aburrida, adobábase cun refraneiro e cuns contos". O ZZ é o calendario máis coidado graficamente de cantos se fan no paÃs, e a través del pódese facer un percorrido pola evolución do deseño nos últimos cincuenta anos. "En termos gráficos, incluÃa viñetas debuxadas a man que foron de Torres, de Viriato, de Avendaño e doutros ilustradores recoñecidos, e non habÃa fotografÃas. Agora mesmo é unha edición que se publica a toda cor. O tamaño mantense, cada responsable da empresa foille dando a súa imprenta e fóronse pondo as capas a cor, anuncios...", explica Fernández. En canto a contido, mudou na medida mudaron as técnicas e os produtos para o agro. "Tentamos explicar aquelas cuestións sobre as que o agricultor poida ter dúbidas. Como se debe enxertar, cales son as variedades de gandarÃa máis importantes..." Cada ano cen mil exemplares do almanaque mándanse de balde por toda Galicia ata se esgotaren. "EnvÃanse a través dos distribuidores oficiais de Syngenta, que en función do seu volume de vendas teñen unha parte asinada. Logo hai outra que queda en Porriño para quen ven buscala aquÃ", apunta o responsable.
Compromiso multinacional
Continuando o compromiso coa cultura do paÃs, hai xa anos que entre os seus contidos, o ZZ inclúe traballos etnográficos. "Hai unha sección que se chama 'Rescatando anacos da nosa cultura'. Cada ano faise un concurso, para o que recibimos entre vinte ou trinta traballos, e o gañador publÃcase no calendario. Un ano é sobre o hórreo, outro é sobre o viño, outro sobre a lareira... Este ano foi o canteiro", explica Fernández. AÃnda hai outra sección que se chama 'Rescatando anacos do noso pasado' está na mesma liña, recolle árbores emblemáticos, os petos de ánimas...". A continuidade dunha publicación destas caracterÃsticas inserida no esquema dunha multinacional como é Syngenta non é fácil. "Houbo algunha tentativa de fechar o ZZ. É moi difÃcil facerlle entender a un xestor de contas de Londres ou de Basilea que hai que facer unha edición que custa varios millóns de pesetas nun recuncho pequeno que é Galicia porque funciona coma un comercial", recoñece César Fernández. De calquera xeito, polo de agora o ZZ ten garantido o continuar chegando aos fogares do agro galego.
Colección e estudos
Un bo coñecedor destas publicacións é o xornalista Xosé Carreira, que posúe unha importante colección de calendarios e ten investigado diferentes aspectos deste tema. Segundo el, na maior parte destes calendarios, tanto locais como foráneos, é común a perpetuación do deseño. "O 'Gaiteiro de Lugo' mantivo de sempre o seu deseño, a portadiña en azul cun gaiteiro fóra, o que mudou é que agora é moito máis gordo. O 'Calendario Zaragozano' mantén tamén o mesmo aspecto desde sempre. O único que varÃa é o de ZZ que si que dá para un auténtico tratado, mesmo no deseño e os debuxos. O Mintireiro tamén foi sempre igual, o que o distingue dos outros é o idioma, é un galego moi revirado". De calquera xeito recoñece que o patrón dos contidos é semellante na maior parte dos casos. "E todos están en galego" (aÃnda que o Mintireiro acolle algúns contidos en español), explica Carrera. "É algo impresionante, algunha institución deberÃa recoñecer publicamente o traballo que fixo a xente dos calendarios dun xeito totalmente anónimo, porque nin sequera se sabe de quen son os debuxos, nin quen os escribe nin nada".
De fóra e no futuro
Alén dos calendarios feitos no paÃs, tamén tiveron certa aceptación no noso agro publicacións deste tipo vidas de fóra. Para alén do celebérrimo "Calendario Zaragozano", "un que tamén tivo presenza nas cidades de Galicia foi o 'Ceres', editado en Valladolid", sinala Carreira. Curiosamente, estaban amplamente difundidos polo rural do Sur dous calendarios feitos en Portugal. "O Borda d'Agua", un dos máis coñecidos no Norte portugués, entraba en Galicia fundamentalmente a través da feira de Chaves. Tamén se distribuÃa no noso paÃs "O Seringador (Repertório crÃtico-jocoso e prognóstico diario)", que segundo Carreira, "comezou a súa andaina hai 140 anos, e nas súas páxinas, alén das feiras portuguesas ofrecen as de Ourense e Pontevedra". A pesar da desigual saúde coa que contan os calendarios agrÃcolas tradicionais, semella que polo momento a supervivencia deste tipo de obras está garantida. En canto á súa adaptación aos novos tempos, o único exemplo que encontramos na rede é o "Mintireiro Verdadeiro de Libertaçom Nacional", unha retranqueira homenaxe coa que a VÃa Anti-Colonial Activa (VA-CA) lembra e actualiza estes almanaques.