Quiosco: O Gaiteiro de Lugo

O popular calendario homenaxea a Díaz Castro na súa edición de 2014

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: O Gaiteiro de Lugo

A Área de Cultura da Deputación de Lugo presentaba este luns a edición 2014 do popular calendario agrícola O Gaiteiro de Lugo. O volume, editado polo Servizo de Publicacións desta entidade, recolle como é habitual previsións do tempo, calendario de feiras, ditos, adiviñas e recomendacións para coidar o agro. Canda a estes contidos, a edición dedícalle unha especial homenaxe a Díaz Castro, poeta que se lembra no Día das Letras deste ano, ao incluír varios textos seus. A publicación conta cunha tiraxe de 2.000 exemplares e distribuirase en librarías de todo o país e mais nas actividades culturais que desenvolva a Asociación Cultural Xermolos ao longo do ano.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Cultural Xermolos, Deputación de Lugo