Quiosco: O Gaiteiro de Lugo

A nova edición do calendario agrícola recupera textos de Ben-Cho-Shey

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Deputación de Lugo acollía esta mañá a presentación de O Gaiteiro de Lugo do ano 2013. O tradicional calendario agrícola, editado por esta entidade, recupera nesta xeira textos de Ben-Cho-Shey a coincidir co centenario do seu nacemento. Ademais, volta a incluír a sección O Xuízo do Ano, unha composición satírica sobre o ano que comeza e que repasa feitos do anterior. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, lembrou na presentación o vencello histórico desta publicación coa nosa lingua. Nado en 1857, O Gaiteiro de Lugo tivo colaboradores como Rosalía de Castro, Manuel María, Uxío Novoneyra ou Álvaro Cunqueiro entre moitos outros nomes das nosas letras.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxío Novoneyra, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Rosalía de Castro...