A poucos días de terse presentado a primeira edición dos Premios Antonio Palacios e asignarse o de honra a título póstumo ao escritor, profesor e investigador Xosé Ramón Iglesias Veiga (1957 - 2020) ven de facerse pública e decisión do Concello de O Porriño de outorgar o galardón na á rea de Cultura ao "Almanaque Agrícola ZZ", a publicación que nacía en 1952 en O Porriño por iniciativa da empresa Zelta Agraria e que na actualidade continúa repartíndose por todo o país desde Syngenta, a multinacional na que deu aquela empresa de química para o agro. Segundo as súas bases, o Premio Antonio Palacios á Cultura honra a aquelas persoas e asociacións que, coa súa creatividade e paixón, manteñen vivas as nosas tradicións e fomentan a innovación artística. Desde escritores/as e músicos/as ata artistas visuais, do mundo da actuación en xeral e da educación, este premio é un recoñecemento a aquelas persoas e institucións cuxa obra transcende fronteiras e une comunidades.
Segundo afirman desde o Concello de O Porriño, entidade organizadora dos galardóns, a publicación gañadora "transcende as nosas fronteiras e deixou unha importante impronta na Galicia do século XX". Lembran como a publicación nacida durante o franquismo "sorteou a censura publicando en galego e cunha ideoloxía galeguista, logrando sobrevivir ante os cambios na empresa e converténdose nunha das publicacións galegas periódicas máis lonxevas e máis importantes no seu ámbito". A información e contidos sobre o produtos fitosanitarios e agrarios estivo sempre complementada con contidos de carácter popular, cultural e etnográfico. Hoxe en día pode ademais descargarse en formato PDF dixital desde a web da empresa Syngenta onde ademais pode accederse aos números publicados desde 2006. O premio entregarase o vindeiro día 15 nun acto previsto dentro das conmemoracións dedicadas ao 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios.