Coa visibilidade como obxectivo os editores preparan un ano cheo de actividades con gala de premios incluída

A AGE ponse as pilas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación Galega de Editores comezou a planificar o que será un ano cheo de actividades co obxectivo de promover a visibilidade do libro galego. Entre os proxectos está a celebración dunha gala, ao xeito que o fan outros sectores, na que entregarán galardóns co nome do editor Ánxel Casal. Barcelona será a capital da literatura galega o Día Internacional do Libro, 23 de abril, grazas a unha morea de actividades previstas para esa data, con presenza de escritores e varias exposicións. Os editores preparan un gran encontro do sector en Pontevedra en decembro, e confirmaron tamén a presenza da edición galega en feiras profesionais internacionais.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, AGE, Ánxel Casal, Escritores...