Cultura fomentará a lectura cun calendario anual de actividades

Os días de ler

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O 24 de febreiro e o 17 de decembro son os días nos que naceron dous ilustres galeguistas, Rosalía de Castro e Ánxel Casal. Pero tamén son os días de inicio e fin do calendario anual de actividades para o fomento da lectura que acaba de presentar a Comisión do Libro e a Lectura, promovida la Consellaría de Cultura e Deportes. Un programa que pretende fomentar os hábitos de lectura aproveitando referencias importantes, como os días mundiais da poesía e do teatro, o 21 e 27 de marzo respectivamente, ou efemérides representativas dalgún persoeiro ilustre da cultura galega. Maio será o mes da “Festa da lingua” que culminará coa celebración do Día das Letras galegas. A iniciativa conta coa colaboración de todos os profesionais do mundo do libro: escritores, ilustradores, libreiros, editores e bibliotecarios.

Máis información sobre o calendario no web da Xunta, Galicia Hoxe,La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Ánxel Casal, Editores, Escritores...