Homenaxe en Lisboa a Manuel María

Noite da liberdade

25/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
22 lecturas | Compartido 0 veces
A Biblioteca Museo República e Resistencia de Lisboa fará hoxe unha homenaxe ao poeta Manuel María. O lucense será o primeiro homenaxeado dentro do programa “As noites da Liberdade” desta biblioteca. Os organizadores destacan a loita pola liberdade e a identidade galega do autor de “Terra Chá” e “Poemas para construír unha patria”. Tamén inaugurarán unha exposición de pintura e escultura de Manuel Patinha, titulada “Galaxia Lusitana”, que inclúe un gravado inspirado no poema “Portugal” de Manuel María. No mesmo acto Alexandra Bernardo interpretará poesía galega de Luisa Villalta, Olga Novo e Xosé María Álvarez Cáccamo.

Maís información no weblog Incomunidade

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Lisboa, Olga Novo, Xosé María Álvarez...