Creadores galegos e portugueses compartirán experiencias nun encontro en Trás-os-Montes

Creación compartida

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A localidade lusa de Boticas acollerá esta fin de semana un encontro de creadores que co nome de “Os Dias da Criação” recollerá as experiencias de artistas e escritores das dúas beiras do Miño. Organizado pola Incomunidade e a Casa da Eira Longa. Xosé María Álvarez Cáccamo, Alberte Momán, Antía Otero, Elvira Riveiro, Carlos Quiroga ou Estíbaliz Espinosa son algúns dos escritores galegos que participarán neste encontro a través de mesas de debate, exposicións ou lecturas de poesía. O encontro conta tamén coa presenza de creadores de outras áreas como o audiovisual, a música, as artes plásticas e a artesanía.

Máis información no blog da Incomunidade

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Xosé María Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Alberte Momán...