O concello da Coruña custeará a metade do que custa a final de Nations in Bloom

A Coruña in Bloom

O Nations in Bloom é un certame que premia unha acción continuada e en múltiples bandas sobre xestión ambiental. O concello da Coruña gañouno nunha ocasión logo de que se promulgase que era a ONU quen o concedía. Unha vez resolto o enredo, resultou ser unha empresa privada británica (IFPRA), que nada ten que ver coa ONU. Pois ben, tal e como publica hoxe “La Opinión” A Coruña acollerá este ano a final do certame. Un evento do que custeará a metade, uns 377.000 euros, dos que 197.000 sairán das arcas municipais, sen que o concello precise de onde sairán os 180.000 restantes.

Máis información en La Opinión