A Coruña é finalista no concurso da ONU "Nations In Bloom" pola xestión ambiental

Coruña in Bloom

En 1997 a Organización de Nacións Unidas (ONU) decidiu crear un certame para premiar a aqueles municipios que desenvolvesen unha acción continuada e en múltiples bandas sobre xestión ambiental. Un certame que este ano inclúe a A Coruña dentro dos seus finalista. Acidade herculina compite con 41 cidades do mundo repartidas en cinco categorías nun certame que se dará a coñecer do 23 ó 3 de decembro na localidade chinesa de Shenzhen.

Un recoñecemento polo medio ambiente

A poboación é o parámetro en función do que se establecen as cinco categorías do certame "Nations In Bloom". Un certame que ten no seu listado de finalistas un total de 41 cidades de todo o mundo. Un listado no que só hai unha localidade española, A Coruña, que compite na súa categoría con 14 localidades como Aberdeen (Escocia), Kelowna (Canadá), Rochester, Nova York (EEUU) ou Baltimore (tamén nos EEUU). Cidades que teñen unha taxa de de poboación de entre 50.000 e 300.000.
Este recoñecemento outorga, segundo o alcalde coruñés, un respaldo ó compromiso que o "seu equipo de goberno leva desenvolvendo desde hai tres anos baixo o lema de cidade habitable".














Parámetros do premio


"Nations in Bloom" é o un certame que prtende premiar ás comunidades, en función do número de habitantes, e que enfoca na xestión medioambiental e na creación de comunidades habitables. E todo isto atentendo ós parámetros económico, culturais, político e social no que se integra a iniciativa polo medioambiente. De feito, céntranse en cinco parámetros principais: mellorar a paisaxe, xestionar o patrimonio, participación da comunidade e os plans de futuro para avaliar a iniciativa medioambiental. Unha serie de liñas que atenden ó traballo desenvolvido polos organismos locais para conseguir crear un desenvolvemento óptimo do medioambiente.








Final

Do 29 de novembro ó 3 de decembro as 41 cidades finalistas nas cinco categorías participarán na última fase deste concurso. Unha semana na que cada un dos finalistas explicará os proxectos de desenvolvemento mediambiental de cada unha das comunidades. Unha fase final que se celebrará na cidade chinesa de Shenzhen.
O concurso ofrecerá a todos os participantes un exemplo de práctica medioambiental que se desenvolve en diferentes partes do mundo.