Quixo a casualidade que no mesmo dÃa que se celebraba o aniversario do embarrancamento do petroleiro "Mar Egeo", a cidade da Coruña recibise o premio "Nations In Bloom" pola súa calidade medioambiental. Unha delegación encabezada polo seu alcalde, Paco Vázquez desplazárase ata a localidade chinesa de Shenzhen para asistir á gala que a ONU organizara para outorgar os seus premios pola xestión medio ambiental. Alà veu como a cidade da Coruña se alzaba co primeiro e co segundo premio, o que afirmaba a súa importancia.
Os dous premios
O alcalde da Coruña, Francisco Vázquez atopábase pletórico tras ver como o xurado lle outorgaba os dous premios máis importantes que a ONU concede anualmente. O primeiro premio "Prácticas medioambientales" veulle dado pola súa xestión medioambiental, é dicir, pola rapidez de actuación tralos desastres ecolóxicos que sufreu a cidade na década pasada. O embarrancamento do Mar Egeo e o desplome do vertedoiro de Bens foron os principais atrancos e escollos que tivo que vencer, en materia de medioambiente os encargados da xestión coruñesa. Pero non só iso, senón que a ONU tamén tivo en conta outros programas de actuación do concello coruñés en materia medioambiental. Valorou asà as melloras da paisaxe, que van desde a creación e remodelación do seu paseo marÃtimo, o seu plan de investimento nos autobuses e transportes públicos (o regreso do tranvia e o futuro do metro lixeiro), e todas as iniciativas que formaba parte do programa "Coruña solidaria". O premio non supón unha dotación en metálico senón un recoñecemento de prestixio a nivel internacional.
Pero ademais, do gran premio, codiciado polas 33 cantidatas ó certame, A Coruña tamén recibÃu o outro premio ó que estaba nominada. Era o galardón que se ofrecÃa ás cidades que tiñan un número de habitantes que rondaban o 50.000 e os 300.000 habitantes.
Un premio con prestixio
O "Nations in bloom" é un premio moi prestixioso que lle chega á cidade herculina de parte dun dos organismo máis importantes de todo o mundo a Organización de Nacións Unidas (ONU). Con este galardón preténdese premiar a xestión medioambiental e a creación de comunidades habitables. Un premio que pretende centrarse en cinco piares claves: mellorar a paisaxe, xetionaro patrimonio, facer participar á comunidade e os plans de futuro para avaliar a iniciativa medioambiental.
Coa concesión deste premio a calidade no medioambiente da Coruña sufre un antes e un despois. Logo do premio que recaeu onte, unha serie de delegacións da ONU e de cidades como Londes e Chicago, viaxarán ata a cidade coruñesa para tomar boa nota de todas as actividades para tomalas como referente de aplicación a outras cidades.