A Orquestra Sinfónica de Galicia abre o prazo para crear un coro de mozos

Os nenos do coro

19/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A formación máis coñecida de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia, abrirá o seu abano de oferta musical cun coro de mozos. Logo do éxito colleitado polos Nenos Cantores da OSG e polo Coro da OSG, a dirección da formación decidiu por en marcha un coro de mozos de carácter permanente. De momento, a formación ten aberto o prazo de inscrición para os que queiran participar ata o día 28. Un día despois, o 29 terán lugar as probas de selección.

Máis información no web da OSG

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Orquestra Sinfónica de Galicia

Claves

Entidades