O Auditorio de Galicia, en Santiago, acollerá o vindeiro 5 de novembro a ópera de Gluck Orfeo e EurÃdice nun contexto no que as restricións sanitarias influirán non só no patio de butacas senón tamén sobre o escenario. A execución da Real FilharmonÃa de Galicia e as voces solistas da representación lÃrica veranse acompañadas pola gravación das partes corais, a cargo do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, que terán que integrarse coa música en directo. A formación coral non subirá ás táboas por mor da imposibilidade de cumprir coas medidas de distancia social pertinentes. Os seus integrantes gravaron con anterioridade nos Estudos Mans da Coruña as súas intervencións cunha sesión na que se empregaron, seguindo escrupulosamente a normativa fronte á covid-19 referente a coros e o grupos de canto, máscaras.
Trátase dunha experiencia novidosa que non conta con precedentes en España. Preténdese asà realizar a actividade musical co máximo rigor sanitario e as maiorÃas garantÃas para a seguridade tanto do público coma para os e as traballadoras da escena e amosar asà un claro exemplo de adaptación no sector cultural. O Auditorio de Galicia adaptara os seus accesos e a súa capacidade ás restricións marcadas polas autoridades sanitarias, polo cal, a dÃa de hoxe só 30 persoas poderán seguir a representación desde a propia sala pero tamén haberá transmisión en liña. A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e a Real FilharmonÃa de Galicia coproducen esta ópera de 1762 que é unha das composicións máis coñecidas co compositor xermano Christoph Willibald von Gluck, e que retrata o mito clásico de Orfeo cunha peza na que asumen o protagonismo os personaxes do propio Orfeo (contralto), EurÃpides (soprano) e Amore (soprano). Cómpre destacar que dous dos tres papeis principais serán representados polas gañadoras do II Concurso de Canto Compostela LÃrica, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago: a cantante ucraÃna Olga Syniakova no rol de Orfeo e a portuguesa Beatriz de Sousa no rol de Amore.