O concello de Vigo convoca audicións para crear o coro da cidade

Será un coro de cámara con carácter semiprofesional

7/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ata o primeiro de maio poderanse inscribir todos os interesados en formar o coro Cidade de Vigo. Unha iniciativa promovida polo concello con cáracter semiprofesional e que pretende que teña unha composición reducida xa que está pensado como un coro de cámara. De todos os xeitos, o seu número dependerá dos que se presenten as probas de audición que se desenvolverán os días 7 e 8 de maio. O coro estará dirixido por Joám Trillo, responsable da creación da Xoven Orquestra de Galicia, e a participación da profesora de canto, Teresa Novoa. Esta entidade cantará pezas clásicas de autores como Bach, Beethoven, Stravinksi ademais da recuperación de compositores galegos do pasado e actuais.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Concello de Vigo, Beethoven

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares