A OSG celebra un concerto para promover a declaración da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade

Música a catrocentos

27/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Esta fin de semana o Teatro da Ópera da Coruña acollerá un dos concertos máis numerosos da súa historia. Non só porque encherá o aforo (xa están vendidas todas as localidades) senón porque no escenario haberá ata catrocentos músicos para interpretar a Oitava Sinfonía de Mahler. Acompañan á Orquestra Sinfónica de Galicia neste concerto, a Xove Orquestra Sinfónica, o Orfeón Donostiarra, o Coro de Cámara do Palau, os Nenos Cantores e o Coro da OSG. O concerto inclúese dentro do programa de actos promovido para apoiar a declaración da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade.

Máis información en Galicia Hoxe e no web da Sinfónica

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Patrimonio da Humanidade, OSG, Torre de Hércules...