O vencello que o Pico Sacro ten coa Ruta da Prata de peregrinación a Compostela é o argumento principal polo que o Concello de Boqueixón lle reclamará á Xunta que este lugar se declare Ben de Interese Cultural. O Concello quere desde xeito protexer este espazo e evitar que se converta nunha zona de aproveitamento enerxético, ante a posibilidade de que se instale un parque eólico no monte. O concello elaborou un detallado informe que recolle a importancia do lugar na Ruta Xacobea e na Historia Galega, asà como as abondosas lendas que existen sobre o pico.
Máis información sobre en La Voz de Galicia