Os representantes dunha trintena de concellos con igrexas mozárabes reúnense para crear unha ruta turística

De igrexa en igrexa

No norte peninsular, de Portugal a Francia, existen 28 igrexas de diferente estilo mozárabe. A súa riqueza histórica quere poñerse de manifesto a través dunha ruta cultural que acaba de promover o concello de Celanova. O seu alcalde, Antonio Mouriño, convocou para este sábado os representantes dos lugares nos que se sitúan eses templos para estudar a posibilidade de crear este itinerario e que se integre dentro do programa da Comisión Europea “Cultura 2007”. Ao mesmo tempo, a Unesco ameazou con descatalogar o Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade se o Ministerio de Fomento continúa co proxecto da autoestrada Burgos-Logroño que lle afecta de xeito negativo á ruta xacobea.

Máis información en La Región (en PDF) e sobre a ameaza da Unescco na edición impresa de Galicia Hoxe