Ao carón mesmo de Compostela, cara ao Sur, un monte presenta unha peculiar forma. As caras asimétricas do Pico Sacro, moito máis abruptas por unha banda que pola outra, albergan algunhas das lendas máis curiosas que existen no noso paÃs. Canda a elas, as peculiaridades históricas e xeolóxicas da zona fan deste un enclave único. Agora, unha nova guÃa afonda nos misterios, moitos sen resolver, deste recanto da nosa xeografÃa máxica.
Xa desde as informacións máis antigas, como recolle o Códice Calixtino, o Pico Sacro é coñecido como fogar da mÃtica RaÃña Lupa. Esta soberana puxo a proba os discÃpulos de Santiago cando buscaban un lugar onde soterrar o corpo do Apóstolo, e rematou convertÃndose ao cristianismo ante os poderes demostrados polos ceos. Segundo explica Leonardo González, autor da guÃa O Pico Sacro: o monte sagrado de Galicia, recén saÃda do prelo, este lugar “é fundamental na lenda da chegada do Apóstolo a Galicia é onde acontecen todos os cambios. Representa a morte do paganismo e conversión do pobo ao cristianismo, e ten un grande carácter simbólico na tradición”.
A paisaxe e a historia
“O que máis chama a atención é a súa forma puntiaguda, ao xeito dunha pirámide”, explica o autor da guÃa. E é que sen dúbida estamos ante un dos elementos paisaxÃsticos mais facilmente recoñecibles do contorno da capital galega. “Despois ten unhas vistas impresionantes, aÃnda que non é un dos montes máis altos da zona, comprobamos que posúe unha das maiores áreas de visión de todo o paÃs”, lembra. E é que o peculiar feitÃo deste espazo levou a moitos a pensar en que foi un centro de culto prehistórico, e mantense aÃnda o debate sobre a existencia de restos castrexos no seu contorno. Está verificada, no entanto, a proximidade do trazado da VÃa Romana XIX e mais da VÃa da Prata a Compostela. Segundo González ainda hai máis restos da pegada humana no monte. “A capela que existe agora no monte seguramente fixo parte do mosteiro altomedieval que houbo alÃ. No cumio pódense ver determinados rebaixes na rocha que marcan os lugares onde estaban os alicerces do antigo castelo, derrubado na Guerra Irmandiña e reconstruÃdo despois”.
As lendas
Non cabe dúbida de que, para alén dos restos históricos que se conserven, a grande riqueza do Pico Sacro está relacionada co grande número de lendas e de elementos da tradición oral que ten asociado. Desde a suposta pegada do cabalo do apóstolo na pedra, ata túneles misteriosos, pasando por xigantes custodios, encantos e, por suposto mouros, cada recanto do monte ten algunha historia vencellado. “Hai moita microtoponimia relacionada coas propias lendas, e iso é algo difÃcil de percibir para un visitante que non coñeza a zona”, lembra o autor da guÃa. “Ademais de lendas tamén recollemos moitas cantigas e ditos relacionados co Pico”. Postos a seleccionar unha de todas a historias que teñen o lugar como protagonista, González apunta unha que recolleu Carré Alvarellos, e que aparece noutros lugares de Galicia en diferentes versións. Resumindo moito, trátase da historia dunha rapaza que é levada por un encanto ao seu pazo subterráneo onde vive como unha raÃña ata que pare un fillo dun dos criados do señor. Desde ese momento bota anos de escrava no mesmo lugar ata que, xa anciá, reaparece na súa aldea e conta a historia.
A importancia da pedra
Para alén da tradición oral e da importancia histórica desta elevación, o Pico presenta tamén importantes peculiaridades a nivel xeolóxico. Para comezar, posúe no seu interior un sistema de covas que, segundo os datos do Club Espeleolóxico Maúxo de Vigo, que as exploraron, están entre as máis grandes do mundo en seixo. González explica que “esta é unha pedra moi dura, e é moi extraño que aparezan nela fendas ou cavidades coma estas”. Entre as múltiples lendas vencelladas a estas cavidades, está a crenza, moi estendida desde o século XVIII de que se trataba dunha antiga mina de ouro romana, un estremo que os xeólogos desminten. No entanto, e aÃnda que estes ocos son produto da acción natural das dinámicas tectónicas e mais do fluxo da auga, existen pegadas que demostran intervencións humanas nos mesmos. Segundo González, “se un se achega ve que polo menos a parte da entrada está traballada, hai marcas de picos ou insturmentos metálicos e mesmo unhas escaleiras labradas. Segundo a documentación, estas fÃxoas un home para buscar os supostos tesouros que haberÃa dentro da cova, xa no século XVI”. De calquera xeito, do posible emprego humano deste sistema, non hai máis que conxeturas. “PoderÃan ser captacións de augas para o castelo, pero non hai nada certo”. Fóra xa das covas “que o Pico sexa unha formación enteiramente de cuarzo tamén chama moito a atención”. De feito, tanto o monte como a súa serra, onde se atopa a mina de cuarzo de Serrabal, “son a cicatriz do encontro entre dúas placas tectónicas, nas que estaban os antigos continentes de Gondwana e Laurasia. Figuradamente, segundo a ladeira do pico no que se estea, paramos nun continente ou noutro”
O recurso do Pico
Logo do dito, está claro que falamos dun espazo cun grande potencial á hora de se converter nun punto de dinamización económica e social no seu contorno. No entanto, ata moi recentemente, o Pico Sacro foi un recurso pouco explotado. AÃnda foi en xullo de 2009 que abrÃa a súas portas o Centro de Interpretación deste monte, un espazo que amosa información sobre a súa paisaxe, xeoloxÃa e lendas mediante diferentes paneis con mapas e fotografÃas. Agora, esta guÃa “cobre un baleiro nas publicacións sobre este tema, non hai obras de carácter xeral orientadas para o visitante. A obra quere ser unha ferramenta que se poida empregar para camiñar polo Pico”, lembra González. Na actualidade, a promoción deste lugar mÃtico recae, canda ao Concello de Boqueixón, no plan dinaminación turÃstica Terras de Ulla e Tambre, no marco do cal se van presentar en breve diferentes accións para o dar a coñecer. E é que, segundo explica o autor da guÃa “todo o mundo sabe onde está, pero non se coñece a súa importancia”.