Maruxa Cabeza dirixirá o Centro de Linguas da Universidade de Vigo

A lingua de Vigo ten centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O curso pasado a Universidade de Vigo aprobou o Plan de Política Lingüística co obxectivo de potenciar o galego e incrementar a compentencia noutros idiomas. O resultado dese plan pasaba pola creación dun Centro de Linguas que hoxe está a definir a súa política. De momento, acaban de nomear á profesora Maruxa Cabeza como direitora dun centro que chegará aos tres campus que ten a universidade viguesa. Entre as posibilidades que se barallan está que se inicien as clases no segundo cuadrimestre e que nunha primeira fase se ofreca o ensino de inglés, francés e alemán. Un número de idiomas que se ampliarán para o vindeiro curso.

Máis información no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Política Lingüística, Faro de Vigo, Ensino...