Cento dezaseis tÃtulos. Esta é a forte aposta coa que Galaxia encara o ano que comeza. Desde reedicións de Cunqueiro ao lanzamento da obra gráfica de Vicente Risco ou unha historia da Real Academia Galega, esta editora promete aÃnda abondosas sorpresas. Pola súa banda, desde Xarais anúnciase unha nova colección para celebrar os vinte e cinco anos da empresa, onda propostas coma a novas obras de Rosa Aneiros e de Ramón Caride, onda a traducións de Bernardo Atxaga ou de Roald Dahl, entre outros. Da banda da poesÃa destaca "Charenton", a nova obra de Chus Pato.
Máis información en La Voz de Galicia; e en Galicia Hoxe