Dolores Ruiz faise co Branco Amor cunha novela sobre o naufraxio dunha muller

Con p de premio

Os 12.020 euros do premio Branco Amor foron para a viguesa Dolores Ruiz Gestoso pola novela presentada baixo o lema “A illa ignorada”. A obra conta a historia dunha muller que esperta nunha praia deserta logo dun naufraxio. Esta fin de semana tamén se falou o premio Modesto R Figueirido de narración curta, que foi para Agustín Agra pola obra “Os límites do imaxinábel”. O premio, que se entregará o 15 de xaneiro, deixou dous áccesits, un para Xosé Luís Vázquez por “A ponte cabalar” e outro para Dolores Fernández por “Riarengas”. O repaso polos premios remata co bispo Gilber Gómez González (Albeo, Pontevedra, 1952) quen acaba de gañar o XXIV Premio Mundial Fernando Rielo de poesía Mística polo poemario “Via lucis”. O certame está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra.

Máis información sobre o premio Blanco Amor en La Voz de Galicia e Galicia Hoxesobre o premio Fernando Rielo en Galicia Hoxe