Fallados os premios Lorenzo Baleirón e Xulián Magariños a favor de Lupe Gómez e An Alfaya

Eusebio, Xulián, Lupe e An

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Dous premios literarios falláronse nesta fin de semana, un de nova implantación e outro de longo tradición. A décimo sétima edición do Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón concluíu con Lupe Gómez como gañadora coa obra “Azul estranxeira”. A escritora de Fisteus (Curtis) levou o recoñecemento do xurado e os 2300 euros do premio concedido polo Concello de Dodro. Na primeira edición do premio Xulián Magariños de novela curta foi a escritora An Alfaya quen conseguiu gañar coa obra “Matei un home” os 1500 euros do premio que convoca o Concello de Negreira e patrocina a Fundación Feiraco.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lupe Gómez, An Alfaya, Poesía, Galicia Hoxe...