O pintor vigués Antón Abreu Bastos faleceu o pasado dezaoito de decembro ao setenta e sete anos de idade

Falece Abreu Bastos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vigo chora estes días un dos seus fillos máis ilustres. O pintor Antón Abreu Bastos, Medalla de Galicia 2001 e Vigués Distinguido, falecía o pasado día 18 nun centro hospitalario da cidade. Abreu, que contaba con setenta e sete anos, desenvolveu un amplo traballo na conservación do patrimonio e foi patrono do Museo de Castrelos. A súa obra, presente en diferentes museos do país, puido verse nunha exposición antolóxica que organizaba este mesmo ano Caixanova.

Máis información en La Voz de Galicia e en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museo de Castrelos, Faro de Vigo, Caixanova...