Falece aos setenta e catro anos Manuel María, un dos poetas galegos máis importantes do século XX

Morre Manuel María

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Manuel María, un dos nosos poetas máis ilustres, falecía onte nun centro hospitalario da Coruña onde levaba xa ingresado varios días a consecuencia da grave doenza que arrastraba. Os restos do vate chairego chegarán esta mañá ao Panteón de Galegos ilustres onde se instalará a capela ardente. O autor, de setenta e catro anos de idade, déixanos corenta e sete poemarios publicados e o exemplo dunha incansábel militancia cultural e política prol do país.

Máis información en El Correo Gallego; en La Voz de Galicia; en Vieiros; a ficha de Manuel María na Biblioteca Virtual

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Vieiros, Panteón de Galegos Ilustres, El Correo Gallego...