Os socialistas da Coruña rexeitan unha moción que reclamaba unha homenaxe da corporación local a Manuel María

Fillo rexeitado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A moción de urxencia presentada o pasado martes no Concello da Coruña polo grupo do BNG para que a administración local declarase ao poeta chairego Manuel María fillo adoptivo non chegou a debate polos votos contrarios do grupo socialista. A moción, rexeitada polo grupo de goberno pero apoiada polo PP, contemplaba tamén trasladar o pésame oficial da corporación local á viúva, poñer o seu nome a unha rúa e contribuír á difusión da obra do poeta recentemente falecido. Manuel María naceu en Lugo pero levaba moitos anos afincado na Coruña onde tomaba parte na vida cultural da cidade. A negativa do grupo socialista a debater a moción impide que a mesma chegue á comisión de honras e distincións do concello.

Máis información en El Correo Gallego
e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, El Correo Gallego, BNG, Concello da Coruña...