Unha exposición antolóxica levará a obra de Álvaro Cunqueiro ó Círculo de Belas Artes de Madrid

Círculo Cunqueiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Círculo de Belas Artes de Madrid acaba de presentar a súa programación para o ano que vén. E nela hai un marcado acento galego. Haberá unha exposición antolóxica sobre Álvaro Cunqueiro que expoñerá na capital madrileña manuscritos, traduccións, fotografías e demais obxectos que afondarán na súa figura. Unha mostra que logo se verá en Galicia e nalgunhas cidades europeas a través do Instituto Cervantes. Ademais, o Círculo de Belas Artes tamén exporá a obra dos pintores Xosé Freixanes e Leopoldo Nóvoa e do escultor Fernando Casás.

Máis información en La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Álvaro Cunqueiro, Fernando Casás, Xosé Freixanes...