Cinco millóns de visitantes. Esta é a cifra que pretende conseguir o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, para o vindeiro ano. Para isto acaba de presentar no Parlamento un Plan de Marketing e Promoción de Turgalicia, que está dotado con 21 millóns de euros. O proxecto arrincará en Fitur e logo chegarán unhas 250 actividades que inclúe a congresos e xornadas que tendrán o seu punto forte en xuño. Será entón cando se celebre o Foro “Camiños de Coñecementos e da Concordia” para o que se iniciaron contactos con Jimmy Carter, Mijail Gorbachov, Rigoberta Menchú, Kofi Annan, Daniel Baremboim e J.K. Rowling.
Máis información en La Voz de Galicia