Ferrol acolle varios actos para celebrar o II aniversario do afundimento do Prestige

Prestige II

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os efectos do Prestige aínda non desapareceron nin da sociedade nin do medio mariño. En primeiro lugar porque a coordinadora comarcal Nunca Máis de Ferrolterra acaba de comezar o seu programa de actividades para recordar o segundo aniversario da catástrofe. Uns actos que van desde a presentación do libro-disco "Sempre mar" até a lectura dun manifesto. En segundo lugar porque, tal e como publica hoxe o xornal La Opinión, o fondo mariño da costa da Morte ten soterrada a dos metros da superficie unha plataforma de fuel que procede dos tanques do Prestige. Unha conclusión á que chegaron un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Máis información sobre os actos en Ferrol no Diario de Ferrol e sobre o informe do CSIC en La Opinión

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, CSIC, La Opinión, Morte...