Diario de Ferrol organiza unhas xornadas sobre como a globalización e as novas tecnoloxías afectan á prensa local

Diarios locais

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Vivimos nun novo contexto. A globalización, a influencia das novas tecnoloxías mudan o concepto de local e con isto o cambio da forma de comunicar nese novo espazo. E como facelo con éxito é o que pretenden abordar nunhas xornadas sobre prensa local que organiza o Diario de Ferrol con motivo do seu quinto aniversario. A cita, do 4 ao 9 de xuño, na galería Sargadelos de Ferrol contarán coa presenza dos directores de La Región, El Progreso, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e El Periódico de Catalunya.

Máis información no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Galería, Galería Sargadelos, El Progreso...