A superficie de paneles solares incrementouse en Galicia un 105% no último ano. Unha porcentaxe seguirá a medrar xa que, a partires do 2005 todas as vivendas que se constrúan ou se rehabiliten han de contar coa instalación de paneles solares ou algúnha enerxía renovábel alternativa. Así figura no novo Código Técnico da Edificación que está a redactar o goberno e que afecta ás carteiras de Medio Ambiente, Economía e Vivenda. Esta obrigatoriedade suporá un encarecemento da vivenda que o ministerio correspondente estima nuns 4.800 euros en Galicia. A este respecto, a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, explicou que o custe se amortiza no prazo de 5 a 10 anos.
Máis información en La Opinión e no web do Código Técnico
