Un estudo sobre lingüística histórica galega e portuguesa valeulle ao catedrático de lingüística e literatura galega Ramón Lorenzo o premio López Ferreiro de investigación humanística. A modalidade para investigadores mozos deste premio que convoca a Consellaría de Innovación, Industria y Comercio, foi para Antonio Presedo por un traballo sobre a fidalguía no Reino de Galicia. Mentres, dentro dos actos da Semana da Ciencia de Galicia que coordina esta mesma consellaría, abría onte a mostra “Investigación, feminino e singular” na casa das ciencias da Coruña. Esta mostra pretende amosar a actividade de mulleres que traballan actualmente no Centro Superior de Investigacións Científicas.
Máis información en Xornal.comsobre o premio; sobre a mostra; web da Semana da Ciencia