Galicia e Portugal crean en Braga o Instituto de Nanotecnoloxía

Ciencia e científicos

2/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
19 lecturas | Compartido 0 veces
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e o Ministro de Ciencia e Tecnoloxía, José Mariano, anunciaron no transcurso da IV Mostra Portuguesa a creación do Instituto de Nanotecnoloxía de Braga. Un centro con características peculiares dado que é o primeiro centro de investigación científica que desenvolven de forma conxunta España e Portugal. Ademais do financiamento por ambos países, esa colaboración concrétase en que o centro, que estará rematado en catro anos, contará con profesorado das universidades galegas e portuguesas. Ademais, hoxe ten lugar en Pontedeume a inauguración da Semana da Ciencia, un evento que percorrerá as localidades galegas nos vindeiros dous meses divulgando ciencia a través de mais de cen actividades.

Máis información sobre a IV Mostra Portuguesa na nosa nova e sobre a creación do centro en La Voz de Galicia; sobre a Semana da Ciencia no web da Consellaría de Innovación

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Tecnoloxía, Braga, Portugal...