A IV Mostra Portuguesa achega a diferentes cidades do país unha mostra das artes e da ciencia do Alén Miño

Tempo de Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Desde hoxe e ata o vindeiro dezaseis de xaneiro cinco cidades do noso país acollerán toda unha mostra de actividades sobre a cultura e a ciencia en Portugal. A IV Mostra Portuguesa percorre Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo e Ourense achegando concertos coma os de Clã e Madredeus, proxeccións cinematográficas, exposicións de fotografía e actividades de divulgación sobre a ciencia no país veciño. A organización do evento está a barallar a posibilidade de que tamén Pontevedra conte con algunha destas actividades.

Máis información no web da Xunta e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Portugal, Miño, Fotografía...