A Semana da Ciencia de Galicia achegará o traballo de investigación do país ao público xeral

Ciencia de novo

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A Xunta ultima estes días os preparativos para a celebración da Segunda Semana da Ciencia e da Tecnoloxía de Galicia. Este evento, que se desenvolverá durante o vindeiro mes nas sete grandes cidades do país, incluirá exposicións amosando o traballo investigador das diferentes universidades e xornadas de portas abertas en centros dedicados a este fin. Deste xeito, o Centro Tecnolóxico do Mar desenvolverá itinerarios didácticos sobre o medio mariño, o Instituto Enerxético de Galicia ten previstas actividades sobre a enerxía eólica e o Centro de Supercomputación abrirá unha mostra virtual sobre a historia das máquinas de cálculo, entre outras actividades.

Máis información no web da Dirección Xeral de I+D e enEl Correo Gallego

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Exposicións, Tecnoloxía, El Correo Gallego