Vieiros dedica unha canle a publicar recensións das novidades editoriais

Cartafol de Libros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A información sobre literatura galega na rede amplíase xa que a cabeceira Vieiros dispón desde onte dunha canle dedicada á publicación de recensións críticas das novidades editoriais. O espazo “Cartafol de Libros” está xestionado por Moisés Rodríguez Barcia, coñecido tradutor que tamén participou na derradeira andaina da desaparecida “Guía dos Libros Novos”. O “Cartafol de Libros" nace coa intención de converterse nunha guía de lectura e nun lugar de debate sobre literatura e, en xeral, sobre o mundo da creación e da edición en galego.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Guía, Literatura

Claves

Entidades
Conceptos