Os primeiros estudos arqueolóxicos constatan o bo estado do depósito de Castrolandín e dátano na Idade do Ferro

Os resultados de Castrolandín

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As catas arqueolóxicas que estivo a desenvolver ao longo do mes de setembro o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento no castro de Castrolandín revelan que este depósito arqueolóxico está nun estado de conservación óptimo. Alén diso, permitiron localizar restos do sistema defensivo e catro construcións, así coma abondosos restos de cerámica. A partir destas análises púidose datar con fiabilidade a ocupación do poboado entre o século II antes da nosa era e o I despois da nosa era, a finais da Idade do Ferro. No futuro prevense realizar campañas de escavación mais completas coa intención de pór en valor o conxunto.

Máis información en El Correo Gallego; o noso tema sobre Castrolandín

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un arriba e abaixo castrexo

Un arriba e abaixo castrexo

Os arqueólogos investigan en Castrolandín as razóns da construción de cabanas por fóra das murallas do castro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castrolandín, Idade do Ferro, El Correo Gallego, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento...