A editorial 3C3 editores entra na rede Internet coa apertura dun sitio web

Outra editorial na rede

A editorial 3C3 editores, dirixida por Xosé Amancio Liñares Giraut e Antonio Puentes Chao, ven de inaugurar a súa páxina web, na que se pode atopar o catálogo completo das obras publicadas pola editorial, tamén agrupadas polas áreas de literatura, didáctica / ensaio e outras materias. Na páxina de Internet os libros agrúpanse tamén por autores e coleccións, e apórtase información relativa a noticias e novidades editoriais así como o xeito de contactar coa editorial. Así mesmo existe un apartado -“¿Quen somos?”- que dá conta do proxecto e realidade actual de 3C3. En tresctres.com tamén se ofrece a posibilidade mercar libros directamente. Á web de 3C3 éntrase coa información en idioma galego, inda que tamén, xa dende o inicio, se pode acceder á versión en castelán.

Máis información no sitio web de 3C3 editores