TresCtres publicará tres libros arredor da temática xacobea e presentará a súa páxina web no 2004

Os do tres no catro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Co gallo do ano Xacobeo a editorial 3C3 anuncia que vai pór nas librarías tres obras centradas en Compostela e na celebración do Ano Santo. “As peregrinacións xacobeas” de Francisco Fernández del Riego, “Compostela, vella memoria” de Ricardo Martínez-Conde, e en castelán “40 aventuras al final del camino” de Andrés Villar e Rubén Suárez Carballo son os tres títulos cos que a editorial quere aproveitar o tirón do Xacobeo 2004. No último trimestre do 2003, 3C3 publicou tres novos libros ”Desde Santiago. Personas y aconteceres” de José Mª Díaz Fernández, “Imperio norteamericano e capitalismo global. Do 11 de setembro a Iraq”, de Carlos Taibo, e “Palabras para un parque hidráulico”, de David Creus. Deste xeito, a editora cumpriu o seu programa de publicar unha ducia de títulos neste ano que acaba. Para o conxunto do 2004, os editores de tresCtres estudan a publicación dunha vintena de novos títulos. Ademais 3C3 anuncia tamén a súa intención de contar proximamente coa súa propia páxina web.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Fernández del Riego, Ricardo Martínez-Conde, Ano Xacobeo, Editores...