Baía Edicións renova a súa representación virtual cun sitio web renovado e con ampla información

Redes na Baía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Co novo sitio web a editorial coruñesa pretende acadar unha relación coa sociedade galega máis alá do contacto establecido a través das publicacións Con esta páxina web, Baía Edicións, que comezou a súa andaina no ano 1990, afianza o seu proxecto editorial asumindo a comunicación en rede como parte do mesmo. A páxina web foi elaborada no seu tramo final pola empresa coruñesa Yagly.com e proxecta a filosofía perseguida por Baía Edicións de forma perfecta, propoñendo un lugar de encontro permanente e “un camiño aberto no que se irá avanzando a medida que as súas visitas vaian suxerindo novos aspectos para mellorar a súa información.” segundo o comunicado da editorial.

Máis información en Baía Edicións

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baía Edicións, Filosofía

Claves

Entidades
Conceptos