MarÃa Mariño, poeta nacida en Noia pero que desenvolveu case toda a súa actividade no Courel foi homenaxada onte naquelas terras con ocasión do trinta e catro aniversario da súa morte. Por outra banda, Celanova realizará un recital poético que pasará por toda a nosa literatura, prestando unha especial atención ós autores nacidos neste concello.
MarÃa Mariño
Nacida en Noia en 1907, MarÃa Mariño pasou a amior parte da súa vida no Courel e é esta terra a que lle fai unha homenaxe ós trinta e catro anos da súa morte. Ó acto, organizdo polo colectivo Arco da Vella en colaboración co Concello de Quiroga, acudiu Rafael GarcÃa, concelleiro de cultura de Noia. Ademais, Francisco Fernández Fole, sobriño de Anxel Fole, reclamou a importancia de MarÃa Mariño dentro da poesÃa galega, e presentouse o libro "A verba vida", poemario de José Reinaldo Pol dedicado á homenaxada. No mesmo acto, celebrado na Casa da Cultura de Quiroga, entregáronse os premios do certame literario convocado polo concello con ocasión do DÃa das Letras. Os concellos de Noia, Quiroga e O Courel acordaron colaborara na rehabilitación da tumba da autora de poemarios coma "Verba que comeza" ou "Palabra no tempo".
Celanova
"Palabra de poeta" é o tÃtulo do acto poético-musical que se celebrará ás cinco desta tarde en Celanova dentro do ciclo "Os nosos escritores" que organiza a ConsellerÃa de Cultura. Neste acto farase un recital que percorrerá poetas galegos de toda a historia, prestando especial atención ós nacidos en Celanova, coma son Méndez FerrÃn, Celso Emilio Ferreiro ou Curros EnrÃquez entre outros. O acto, que se celebrará no salón de actos do Claustro Barroco, contará coa participación do grupo de música tradicional do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e de Luis González Tosar, presidente do PEN Clube de Galicia.